LucusHost

Hosting rápido, fácil y seguro. En LucusHost nos adaptamos a ti y te acompañamos en cada paso.

En LucusHost sempre tivemos claro que ter unha web non debería ser nin complicado nin caro. Por iso decidimos montar un servizo de hosting honesto, eficaz e pensado para quen de verdade o precisa: desde quen está empezando co seu primeiro proxecto ata quen xestiona unha tenda online ou varios sitios web á vez. Somos técnicos, si, pero sobre todo somos persoas, e sabemos o importante que é ter a alguén ao outro lado cando a túa web falla ou precisas axuda.

Temos solucións para todo tipo de proxectos. Se queres velocidade e estabilidade, podes empezar co noso Hosting NVMe. Se traballas con WordPress, WooCommerce, PrestaShop, Moodle ou outras plataformas CMS, temos plans optimizados para que todo funcione como debe, sen dores de cabeza. E se es axencia ou xestionas webs de clientes, o noso plan Reseller permíteche revender hosting sen complicarte a vida. ¿Que vés doutra empresa? Pois migramos a túa web sen cortes, gratis e sen que teñas que mover un dedo.

Aquí tamén podes rexistrar, transferir e xestionar todos os teus dominios nun único panel, de forma sinxela e sen liortas. Se precisas máis potencia ou liberdade, podes escoller un VPS. E se queres que os teus visitantes naveguen seguros, tamén che ofrecemos certificados SSL para reforzar a confianza na túa web. Todo isto sen permanencias, con garantía de reembolso de 30 días e cunha proba de 15 días totalmente gratis, sen meter a tarxeta nin compromisos raros.

O que realmente nos fai diferentes é o trato que damos. Damos soporte técnico real 24/7 en galego, castelán ou o que faga falta. Por teléfono, email ou chat. Sen robots, sen respostas copiadas e pegadas. Queremos que te sintas acompañado dende o minuto un. Porque en LucusHost cada cliente conta e, se a túa web vai ben, nós tamén dormimos tranquilos.

Ligazóns sociais